Contorno de escritorio Xfce
Xfce é un ambiente de escritorio para Unix e outros sistemas operativos baseadas nela como Linux, Solaris ou BSD. Intenta ser rápido e lixeiro sendo ó mesmo tempo visualmente atractivo e fácil de usar.
O coordinador desta sección é Leandro Regueiro, contacta con el se queres colaborar coa tradución e apúntate na lista de correo do Proxecto Trasno e na lista de correo para os tradutores de Xfce.
Ligazóns:
- Instrucións para traducir
- Estatísticas da póla de desenvolvemento de Xfce
- Estatísticas dos aplicativos de Xfce
- Estatísticas dos engadidos de panel de Xfce
- Estatísticas dos engadidos de Thunar
Historia do grupo de tradución
- Outubro de 1999: Ramón Flores traduce Xfce 3.2.5 ao galego en normativa de mínimos.
- Xaneiro de 2000: Jesús Bravo Álvarez adapta a tradución de Ramón Flores á antiga normativa oficial.
- Agosto de 2006: Leandro Regueiro retoma a tradución despois de anos de inactividade.
- Xaneiro de 2007: Publicase Xfce 4.4.0 ao 41%.
- Febreiro de 2009: Publicase Xfce 4.6.0 ao 70%.
- Decembro de 2009: O nivel de tradución do núcleo e os compoñentes superou o 90%.
- Xaneiro de 2010: Comezouse a traducir a documentación de Xfce.
- Maio de 2010: O galego é o segundo idioma con maior nivel de tradución no núcleo de Xfce, aínda que en outras partes teña peores cifras.

