30/04/2009: Fixemos unha charla no CEIP de Atios (Valdoviño), que tratou acerca do software libre en xeral e da i18n e l10n en particular.
Está a disposición pública a presentación empregada para a parte de l10n.
-
27/01/2009: Publicouse KDE 4.2, coa gui traducida ao galego. Para KDE 4.3 o equipo de tradución agarda mantela completa e facer melloras na calidade das traducións. Participaron directamente en 4.2: Miguel Branco, Xosé Calvo, Sara Barreiro Riveiro, filla de Miguel Solla, que nos achegou ficheiros de son de KTuberling, e Marce Villarino.
19/12/2008: Acaba de saír openSuse 11.1 cun nivel de tradución do 42%.
-
10/11/2008: Realizouse unha presentación nas Xornadas para Alumnos Noveis da FIC para falarlle ós novos alumnos sobre o Proxecto Trasno.
31/10/2008: Tivo lugar a segunda edición da
G11n. Esta vez para debater os avances e algúns novos obxectivos.
29/08/2008: O equipo de tradución de KDE vai comezar a tradución da documentación ó ter case rematada a tradución da interface.
-
19/06/2008: Acaba de saír openSuse 11. O nivel de tradución é do 39%. Mellorarémolo en próximas versións.
11/05/2008: Tivo lugar unha
xuntanza chamada G11n entre Mancomún (Xunta), empresas de tradución (Reverso, Tagen Ata) e voluntarios de tradución (Trasno, Ciberirmandades, Rosetta, etc.) para debater o futuro da tradución de Software libre ó galego.
20/04/2008: Reactivouse a tradución de openSuse. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo.
20/04/2008: Reactivouse a tradución no Translation Project. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo.
-
16/03/2008: Engadiuse no apartado de Recurso para os tradutores → Listaxe, as ligazóns ao servizo de dicionario de KDE, posto a andar a comezos de marzo de 2008.
14/03/2008: Dada a proximidade do lanzamento de KDE 4.1, recoméndase a todos os voluntarios adicados á tradución deste escritorio e dos seus programas, que deixen calquera versión anterior e se adiquen a esta. A coordinación, coma sempre, através da lista de correo.
28/05/2007: Engadíronse no apartado de Recursos para os tradutores → Listaxe dúas ligazóns → Vocabularios, dúas novas ligazóns: PhotoShop Português/ Inglês e Tradución de Comandos de Photoshop - Ingles a Español.
10/04/2007: Engadíronse no apartado de recursos para tradutores as Memorias de tradución de Gnome.
21/02/2007: Hoxe foi publicado KOffice 1.6.2, que inclúe por primeira vez tradución ao galego. Está completa nun 97% da gui, e adicionalmente disponse do 5% da documentación traducida e acesíbel nos repositorios. Esperamos aumentar esta porcentaxe nos vindeiros meses.
13/02/2007: Engadiuse unha
listaxe de ligazóns a dicionarios e vocabularios en liña que poden ser de utilidade para todos os tradutores voluntarios.
05/02/2007: Acaba de anunciarse a versión 0.45 de
Inkscape, traducido nun 57%. En próximas versións mellorarase e ampliarase a tradución.
22/10/2006: Saiu a última versión de
Mandriva, a 2007, traducida ó galego nun 91%. É certo que aviso un pouco tarde, pero mellor tarde ca nunca.
-
-
-
27/07/2006: Engadíronse novas traducións de documentación na sección de
documentación.
-
21/07/2006: Inauguramos a nova web de Trasno, baseada nun sistema wiki. Aínda non está rematada, esperamos ir completándoa nas próximas semanas.