Esta é a páxina sobre a equipa galega de tradución no “Translation Project” da Universidade de Montreal.
O “Translation Project” (ou TP) é un proxecto de tradución de diversas utilidades e aplicacións de software libre. Os autores destas aplicacións décenlle ao TP a xestión das traducións (organización de grupos para cada lingua, asignación de responsables, recollida, procesamento e envío dos ficheiros traducidos), aproveitando o sistema automatizado do que dispón o TP.
Inicialmente estaba ligado ao proxecto GNU, polo que as ferramentas deste proxecto seguen a ser maioritarias, aínda que non as únicas, como se pode comprobar na lista de aplicacións dispoñibles para traducir.
Actualmente non hai ningún responsable para este grupo de tradución. Se queres colaborar, escribe á lista de correo ou directamente a Francisco Javier Tsao Santín, o actual coordinador.
Para o caso particular das ferramentas do proxecto GNU, é previamente imprescindíbel encher, imprimir, asinar e enviar o que lle chaman un ‘Translation Disclaimer’, no que, en resume, declaras que non vas tentar impoñer límites á distribución das traduccións de utilidades GNU que fagas.
Podes atopar nesta páxina información máis detallada sobre o disclaimer e o procedemento para envialo.