A distribución openSUSE apareceu a principios de 2006 como a herdeira da SuSE Linux. Ten varias utilidades traducibles, principalmente a ferramenta de instalación de configuración YaST.
O proxecto de tradución a Galego de Suse estaba abandonado desde 2001. Dende mediados de marzo se 2008 estamos a retomar a tradución con Leandro Regueiro e Manuel Vázquez como coordinadores. Se queres colaborar escribe á lista de correo de Trasno ou ponte en contacto cos coordinadores. Precisamos a túa axuda!
Para facilitar a coordinación do grupo, estamos empregando a plataforma Vertaal, na que o Equipo de Tradución de openSUSE ao Galego ten un espazo para a asignación de tarefas, a información do estado da tradución e demais, todo de xeito colaborativo e en liña.
Solicita unha conta no apartado Rexistro de Vertaal e xa podes comezar a túa colaboración.