Nesta páxina recóllense traducións a galego daquelas aplicacións que non pertencen a ningún dos proxectos de tradución, normalmente por ser aplicacións individuais non relacionadas con outras.
Non hai un coordinador explícito desta sección. Se queres engadir algunha aplicación nova ou modificar os datos dunha existente, edita a wiki ou manda unha mensaxe á lista de correo para avisalo. No sitio web antigo de Trasno podes atopar unha lista con aplicacións que podes traducir.
O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, GALPon.org, estivo a coordenar unha serie de traducións ó galego (tamén ó castelán) dunha serie de aplicativos, incluidos coa distro MiniNo GNU/Linux. As traducións son aloxadas aquí http://gruvi.galpon.org/minino/traducciones/. Os tradutores de GALPon MiniNo son colaboradores do Proxecto Trasno e de Ubuntu Galician Translators.
En caso de querer participar nalgún deste proxectos preguntade directamente a minino@galpon.org ou pedide información ó respecto na lista de correo de Trasno.
(Aparentemente están a retomar o proxecto)
en proceso
http://www.dokuwiki.org/localization?s[]=translation
Actualmente hai traducións aquí do Sylpheed e do Claws
http://gruvi.galpon.org/minino/traducciones/Sylpheed/