Benvido/a á web do Proxecto Trasno.
O Proxecto Trasno é unha comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao galego. Os grupos están integrados por tradutores voluntarios e están sempre abertos a máis colaboracións. Levamos a funcionar desde o ano 2000, aínda que algúns dos proxectos aquí reunidos existen desde o 1999.
14/05/2009: Parte dos trasnegos da zona da Coruña reuniuse hoxe pola tarde para debater o futuro de Trasno e outros temas relacionados co mesmo.
30/04/2009: Fixemos unha charla no CEIP de Atios (Valdoviño), que tratou acerca do software libre en xeral e da i18n e l10n en particular.
Está a disposición pública a presentación empregada para a parte de l10n.
-
27/01/2009: Publicouse KDE 4.2, coa gui traducida ao galego. Para KDE 4.3 o equipo de tradución agarda mantela completa e facer melloras na calidade das traducións. Participaron directamente en 4.2: Miguel Branco, Xosé Calvo, Sara Barreiro Riveiro, filla de Miguel Solla, que nos achegou ficheiros de son de KTuberling, e Marce Villarino.
19/12/2008: Acaba de saír openSuse 11.1 cun nivel de tradución do 42%.
-
Novas antigas
Velaquí os proxectos e grupos de tradución que se agrupan no Trasno
(máis información sobre colaborar dentro de cada sección):
Ademáis dos proxectos mostrados enriba, outras aplicacións de software libre están a ser traducidas por grupos externos a Trasno. Nestas páxinas hai máis información sobre estas traducións: