O Proxecto Trasno estivo nas VII Xornadas de Software Libre de Mugardos

A veterana Comunidade do Zulo de Mugardos, que traballa dende o 2003 puxando polo software e a cultura libre, quíxonos convidar este ano ás súas VII Xornadas de Software Libre, que se celebraron este pasado 26 de Xuño na casa do Concello de Mugardos. 
4745041721_0a06b09abc

Alí puidemos desfrutar do programa preparado que incluía: 

  •  Achegamento a Ubuntu 10.04 - Oscar Amor
  • Drupal, máis que un xestor de contido - Alberto Permuy
  • Presentación Asociación Comunidade O Zulo
  • Procesos de localización ó galego - Miguel Bouzada e Miguel Branco do Proxecto Trasno
  • P2P: estado actual, Somos todos piratas? - Carolina Montero
  • Dominios interoperábeis. A convivencia é posíbel: Sistemas libres e privativos. Asociación Ghandalf (Roberto Vieito)
e como non, desfrutar da compañía da xente da comunidade. Dende o Proxecto Trasno agradecémoslle ao Concello de Mugardos e aos amigos da Comunidade do Zulo a súa amabilidade e simpatía. Para calquera que se acerque a Mugardos agora podémoslle recomendar unha visita ao peirao e o polbo que se prepara na vila. 
As xornadas foron retransmitidas en liña ao vivo e podédelas ver de novo nesta ligazón, incluíndo o noso relatorio, claro está